14ª EDICIÓN DA CARREIRA SOLIDARIA DE ENTRECULTURAS E ALBOAN

Escolle a túa cidade na táboa ou no mapa e rexístrate

15/02/2025

16/02/2025

16/02/2025

23/02/2025

TUDELA

06/03/2025

09/03/2025

15/03/2025

23/03/2025

30/03/2025

30/03/2025

30/03/2025

SANTIAGO

27/04/2025

10/05/2025

18/05/2025

TUDELA

(pendiente)

© Entreculturas

14ª EDICIÓN CORRE POR UNHA CAUSA

En 2025 celebraremos a 14ª edición do noso circuíto de carreiras benéficas “Run for a Cause”. Escolle a túa cidade no mapa e rexístrate. Coa túa inscrición, estarás contribuíndo ao dereito á educación das nenas e nenos refuxiados.

© Irene Galera / JRS Chad

A ESCOLA É O SEU REFUXIO

Millóns de nenos e nenas no mundo viven en contextos de guerra, pobreza extrema ou en rexións afectadas por grandes adversidades climáticas. O obxectivo desta carreira é recadar fondos para defender o seu dereito á educación. Queremos axudalos a ter un espazo seguro no que xogar, aprender e medrar.

© Colexio Apóstol Santiago / Vigo

ORGANIZA A TÚA VERSIÓN ESCOLAR

Cada vez son máis os colexios que se suman ao noso circuíto organizando unha versión escolar da carreira no seu centro educativo. É unha proposta interesante que pode encaixar nas clases de educación física, nas titorías, nos recreos e que, ademais, dá pé a traballar co alumnado a temática da causa pola que corren.

© Entreculturas

OUTRAS FORMAS DE PARTICIPAR

Se o teu definitivamente non é correr, tes máis formas de colaborar e apoiar a nosa causa: podes regalar unha inscrición á persoa que ti elixas, ou ben, facer unha doazón directamente ao proxecto. Atoparás as dúas modalidades de participación no menú superior e dentro do formulario de cada cidade.